Ver en UVigoTV
Dadas as inquietudes e dúbidas que comunmente xera esta materia no alumnado, tratarase de ofrecer unhas orientacións xerais que faciliten a elección da modalidade, o deseño e o desenvolvemento do TFG e que contribúan a superar con éxito esta materia. Para conseguilo proporcionarase: a) información sobre as modalidades de traballo para axudar na elección destas, en función da temática abordada e de acordo coas súas habilidades e competencias, e b) pautas sobre os trámites administrativos e procedementos formais para a presentación e defensa.
Breve descrición dos contidos do curso
- Procedementos de solicitude para a presentación e defensa do Traballo Fin de Grao a través da secretaria virtual.
- Cronograma das distintas convocatorias, criterios de avaliación e de revisión de traballos.
- Tipoloxías de traballos (de investigación teórica, de investigación empírica e profesionalizante). Características de cada modalidade, estrutura e contidos que deben abordarse en cada apartado.
- Cuestións de formato e forma relacionadas con normas de escritura académica, como o citado, referencias e o problema do plaxio.