As persoas que integran a Comisión de Calidade son elementos claves no desenvolvemento dos programas de calidade do centro. Ademais da súa participación activa nas funcións específicas da comisión, deben ser axentes dinamizadores da xestión da calidade no centro
Composición (24/05/2021)
Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Xosé Manuel Cid Fernández |
Secretaria | María del Pino Díaz Pereira |
Coordinación dos títulos | Isabel Mociño González (Grao en Educación Infantil) Ana María Iglesias Álvarez (Grao en Educación Primaria) María Victoria Carrera Fernández (Grao en Educación Social) Mónica López Viso (Grao en Traballo Social) María del Mar García Señorán (Máster en Dificultades) Rubén González Rodríguez (Representante por delegación Máster en Diversidade) M. Carmen Ricoy Lorenzo (Máster en Profesorado secundaria) María José Vázquez Figueiredo (Plan Acción Titorial) |
Rep. do profesorado | Fernando Tellado González |
Rep. do estudantado | Álvaro Herves Fortes |
Representante do PAS | Raquel Mª Iglesias Domínguez (por delegación da administradora de campus) |
Rep. dos egresados/as | Sara Martínez Carrera |
Rep. da sociedade | Santiago Eduardo Pato Rodríguez |
Regulamento
Regulamento da Comisión de Calidade
Funcións
- Debater e validar se procede a proposta da política e os obxectivos de calidade.
- Debater e validar se procede a proposta do manual de calidade e os procedementos do SGIC do centro.
- Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade no centro e titulacións adscritas, así como propoñer as melloras pertinentes.
- Colaborar coa implantación, desenvolvemento e seguimento do SGIC.
- Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da docencia en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos departamentos e outros órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.
- Participar activamente en todos os procesos académicos relativos á oferta formativa do centro (novas titulacións, modificación, suspensión ou extinción das existentes), elaborando un informe valorativo se o consideran oportuno ou é procedente de acordo coa normativa vixente.
- Intercambiar, debater e propoñer a participación do centro en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade.