O Plan de Autoprotección é o documento que establece o marco orgánico e funcional dispoñible no Edificio de Facultades (que engloba as Facultades de Historia e Educación e Traballo Social), co obxecto de previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens así como para dar resposta axeitada ás situacións de emerxencia na mesma e garantir a integración co sistema público de Protección Civil.

O Plan de Autoprotección aborda a identificación e avaliación de riscos así como as medidas de protección e outras actuacións a adoptar en caso de emerxencia.