Ver en UVigoTV

O obxectivo xeral deste curso é facilitar ao alumnado o desenvolvemento da análise dos datos para a elaboración do Traballo Fin de Grado e do Traballo Fin de Mestrado

As competencias procedementais vinculadas coa materia TFG que se desenvolven son:

  • CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  • CT1 Capacidade de análise e síntese.
  • CT2 Capacidade de organización e planificación.
  • CT5 Coñecemento de informática relativos ao ámbito de estudo.
  • CT6 Capacidade de xestión da información.
  • CT7 Resolución de problemas.
  • CT14 Razoamento crítico.

Datas/horario da formación

1ª sesión: venres, 4 de marzo, de 9.30 a 13.30 h
2ª sesión: venres, 18 de marzo, de 9.30 a 13.30 h
3ª sesión: venres, 25 de marzo, de 9.30 a 13.30 h

Lugar

Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense
Edificio Facultades
Laboratorios 308-309

Docentes encargados

– Directora Académica do Curso:
Yolanda Rodríguez Castro
– Docentes do curso:
Yolanda Rodríguez Castro e José Luis Fernández Méndez

+info: yrcastro@uvigo.es


Breve descrición dos contidos do curso

Itinerario 1: Investigación cuantitativa

1ª Sesión

Estatística descritiva:

  • Organización dos datos.
  • Medidas de tendencia central e dispersión.
  • Manexo técnico do SPSS.
  • Introdución dos datos no SPSS.

2ª Sesión

  • Análise dos datos co SPSS.

3ª Sesión

  • Análise dos datos.
  • Elaboración de táboas e figuras.
  • Presentación, descrición ou/e interpretación.

 

Itinerario 2: Investigación cualitativa

1ª Sesión

Análise de contido:

  • Tipoloxía de información obxecto de análise.
  • Organización da información/datos.
  • Análises da información coa axuda de soporte informático.

2ª Sesión

  • Análise da información coa axuda de soporte informático.

3ª Sesión

  • Elaboración de táboas e figuras de resultado.
  • Presentación, descrición ou/e interpretación de resultados.