Según o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, se entende por recoñecemento de créditos a aceptación por unha universidade dos créditos que, habendo sido obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Asi mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutras ensinanzas superiores oficiais ou en ensinanzas universitarias conducentes á obtención doutros títulos, aos que se refire o artigo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.

A transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas de grao deberán respetar as seguintes regras básicas:

  • Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total dos créditos do título, correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Sempre que a titulación de destino á que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Tamén serán obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
  • O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola Universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos ou ben que teñan carácter transversal.

Por outra parte, o estudantado poderá obter o recoñecemento de ata 6 ECTS pola súa participación en actividades culturais universitarias, deportivas, de representación estudiantil, solidarias ou de cooperación. Esta cantidade sustraerase do total de créditos de materias optativas a cursar. A normativa e formularios para este tipo de recoñecementos está dispoñible na páxina web da Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

Recoñecementos automáticos


Ao estudantado procedente do Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo recoñeceránselle as seguintes materias:

Recoñecementos do Grao en Educación Primaria ao Grao en Educación Infantil

Ao estudantado que cursara o Ciclo formativo de grao superior en Educación Infantil recoñeceranselle as seguientes materias:

Ao estudantado procedente das titulaciones extinguidas impartidas na facultade aplicaránselle os seguintes recoñecementos:

Recoñecementos de titulacións extinguidas ao Grao en Educación Infantil