MODALIDADE: Virtual e Presencial

Ver en UVigoTV

A Biblioteca pon á vosa disposición este curso, no que vos ofrecemos unha serie de pautas para axudarvos na elaboración e defensa do voso Traballo Fin de Grao.

Podedes facelo ao voso ritmo e levaravos unhas 30 horas de traballo, aproximadamente. Ademais, quen acade a cualificación de apto obterá un certificado computable por 30 horas de traballo (1 crédito ECTS). Os contidos están organizados en 5 temas con diverso material didáctico e cuestionarios ou tarefas para comprobar o grao de aprendizaxe. Tamén dispón dun foro no que podedes formular as dúbidas que vos xurdan.

Esperamos que este curso sexa do voso interese, agardámosvos!!!

Máis información

Datas e lugar de celebración

Dispoñible en Moovi.

Docentes encargados

Antía Salgado García
Xefa da Área de Soporte, Aprendizaxe e Investigación da Biblioteca Rosalía de Castro

Elena Marcos Rodríguez
Posto base da Área de Soporte, Aprendizaxe e Investigación da Biblioteca Rosalía de Castro

+info: Antía Salgado García | saibco@uvigo.gal | 988 387 230; Elena Marcos Rodríguez | saibco2@uvigo.gal | 988 387 158


Breve descrición dos contidos do curso

  • Coñecer a ampla oferta de recursos de información científica e académica (bases de datos, libros e revistas impresas e dixitais etc.) proporcionados pola Biblioteca.
  • Elaborar estratexias de busca axeitadas para consultar de maneira eficaz as bases de datos bibliográficas como Dialnet, ERIC, Scopus etc.
  • Facer un uso ético e legal da información, citando as fontes utilizadas no traballo, seguindo a última edición do estilo APA.
  • Empregar unha metodoloxía básica para a redacción e defensa do TFG.