O Real Decreto 1393/2007 establece que para que as persoas con títulos universitarios oficiais correspondentes á anterior ordenación poidan aceder aos ensinos de grao debe haber unha admisión previa da universidade, e ésta debe facerse de acordo á normativa que a este respecto teña a propia universidade, que deberá recoñecer ao estudantado os créditos dos ensinos de grao do que procedan, segundo o currículo seguido.
Memorias dos cursos de adaptación aos graos
O título de grao obtido mediante estes cursos de adaptación non contempla a adquisición de ningunha mención. No caso de que se desexe obter unha mención específica, o estudantado deberá cursar un total de 24 créditos optativos da mención correspondente. Poderase solicitar recoñecemento de créditos no caso de que teñan superadas na titulación de acceso materias equivalentes, agás o Traballo Fin de Grao (TFG) que en ningún caso poderá ser obxecto de recoñecemento.
Calendario de admisión 2021/2022
Proceso | Data |
---|---|
Prazo de presentación de solicitudes | do 1 de xuño ao 12 de xullo |
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas: EI | EP | ES | TS |
14 de xullo |
Reclamacións | do 15 ao 16 de xullo |
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas | 19 de xullo |
Listaxe provisoria de persoas admitidas | 21 de xullo |
Reclamacións | do 22 ao 23 de xullo |
Listaxe definitiva de persoas admitidas: EP | EI | TS | ES |
27 de xullo |
Matrícula
Período ordinario de matrícula: do 30 de agosto ao 15 de setembro de 2021
No caso de que non se matriculen todas as persoas admitidas, establecerase a posibilidade de efectuar chamamentos de matrícula cada tres días cando existan listaxes de agarda a fin de que non queden prazas vacantes.
Documentación
Ademais da documentación xustificativa que permita valorar a experiencia laboral e/ou os criterios específicos de selección indicados en cada caso, quen acadara o título noutra universidade presentará:
- Título oficial ou certificación do pago dos prezos públicos de expedición do título que da acceso, para a súa revisión
- Certificación académica coas cualificacións obtidas para os efectos de valoración do expediente