Competencia Básica 1 (CB1):
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

Competencia Básica 2 (CB2):
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

Competencia Básica 3 (CB3):
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética

Competencia Básica 4 (CB4):
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

Competencia Básica 5 (CB5):
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía

Competencia Xeral 1 (CX1):
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.

Competencia Xeral 2 (CX2):
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.

Competencia Xeral 3 (CX3):
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respeto aos dereitos humanos.

Competencia Xeral 4 (CX4):
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.

Competencia Xeral 5 (CX5):
Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.

Competencia Xeral 6 (CX6):
Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.

Competencia Xeral 7 (CX7):
Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.

Competencia Xeral 8 (CX8):
Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.

Competencia Xeral 9 (CX9):
Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.

Competencia Xeral 10 (CX10):
Actuar como orientador de nais e pais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.

Competencia Xeral 11 (CX11):
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.

Competencia Xeral 12 (CX12):
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.

Competencia Específica 1 (CE1):
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6, no contexto familiar, social e escolar.

Competencia Específica 2 (CE2):
Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.

Competencia Específica 3 (CE3):
Coñecer os fundamentos de atención temperá.

Competencia Específica 4 (CE4):
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.

Competencia Específica 5 (CE5):
Saber promover a adquisición de hábitos ao redor da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.

Competencia Específica 6 (CE6):
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.

Competencia Específica 7 (CE7):
Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención.

Competencia Específica 8 (CE8):
Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se expoñan.

Competencia Específica 9 (CE9):
Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.

Competencia Específica 10 (CE10):
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.

Competencia Específica 11 (CE11):
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar.

Competencia Específica 12 (CE12):
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.

Competencia Específica 13 (CE13):
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeneracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.

Competencia Específica 14 (CE14):
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.

Competencia Específica 15 (CE15):
Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudable.

Competencia Específica 16 (CE16):
Identificar trastornos no soño, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.

Competencia Específica 17 (CE17):
Colaborar cos profesionais especializados para solucionar os devanditos trastornos.

Competencia Específica 18 (CE18):
Detectar carencias afectivas, alimenticias e de benestar que perturben o desenvolvemento físico e psíquico adecuado dos estudantes.

Competencia Específica 19 (CE19):
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.

Competencia Específica 20 (CE20):
Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade na contorna escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso armónico e integral dos estudantes.

Competencia Específica 21 (CE21):
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.

Competencia Específica 22 (CE22):
Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.

Competencia Específica 23 (CE23):
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.

Competencia Específica 24 (CE24):
Dominar as técnicas de observación e rexistro.

Competencia Específica 25 (CE25):
Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.

Competencia Específica 26 (CE26):
Saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.

Competencia Específica 27 (CE27):
Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.

Competencia Específica 28 (CE28):
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.

Competencia Específica 29 (CE29):
Valorar a importancia do traballo en equipo.

Competencia Específica 30 (CE30):
Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e en colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.

Competencia Específica 31 (CE31):
Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.

Competencia Específica 32 (CE32):
Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.

Competencia Específica 33 (CE33):
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.

Competencia Específica 34 (CE34):
Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico.

Competencia Específica 35 (CE35):
Comprender as matemáticas como coñecemento sociocultural.

Competencia Específica 36 (CE36):
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.

Competencia Específica 37 (CE37):
Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.

Competencia Específica 38 (CE38):
Coñecer os momentos máis sobresalientes da historia das ciencias e as técnicas e a súa transcendencia.

Competencia Específica 39 (CE39):
Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.

Competencia Específica 40 (CE40):
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.

Competencia Específica 41 (CE41):
Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.

Competencia Específica 42 (CE42):
Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.

Competencia Específica 43 (CE43):
Favorecer as capacidades de fala e de escritura.

Competencia Específica 44 (CE44):
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.

Competencia Específica 45 (CE45):
Coñecer a tradición oral e o folklore.

Competencia Específica 46 (CE46):
Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.

Competencia Específica 47 (CE47):
Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.

Competencia Específica 48 (CE48):
Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.

Competencia Específica 49 (CE49):
Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.

Competencia Específica 50 (CE50):
Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.

Competencia Específica 51 (CE51):
Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.

Competencia Específica 52 (CE52):
Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.

Competencia Específica 53 (CE53):
Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así coma as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.

Competencia Específica 54 (CE54):
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.

Competencia Específica 55 (CE55):
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.

Competencia Específica 56 (CE56):
Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.

Competencia Específica 57 (CE57):
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.

Competencia Específica 58 (CE58):
Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.

Competencia Específica 59 (CE59):
Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.

Competencia Específica 60 (CE60):
Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.

Competencia Específica 61 (CE61):
Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular, de ensinanza e aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias.

Competencia Específica 62 (CE62):
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.

Competencia Específica 63 (CE63):
Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando dende a práctica.

Competencia Específica 64 (CE64):
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.

Competencia Específica 65 (CE65):
Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos y de 3-6 anos.

Competencia Específica 66 (CE66):
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do entorno social.

Competencia Específica 67 (CE67):
Estas competencias, xunto coas propias do resto de materias, quedarán reflectidas no Traballo fin de Grao que compendia a formación adquirida ao longo de todas as ensinanzas descritas.

Competencia Transversal 1 (CT1):
Capacidade de análise e síntese.

Competencia Transversal 2 (CT2):
Capacidade de organización e planificación.

Competencia Transversal 3 (CT3):
Comunicación oral e escrita.

Competencia Transversal 4 (CT4):
Coñecemento de lingua estranxeira.

Competencia Transversal 5 (CT5):
Coñecemento de informática.

Competencia Transversal 6 (CT6):
Capacidade de xestión da información.

Competencia Transversal 7 (CT7):
Resolución de problemas.

Competencia Transversal 8 (CT8):
Toma de decisións.

Competencia Transversal 9 (CT9):
Traballo en equipo.

Competencia Transversal 10 (CT10):
Traballo nun contexto internacional.

Competencia Transversal 11 (CT11):
Habilidades nas relacións interpersoais.

Competencia Transversal 12 (CT12):
Recoñecemento da diversidade y multiculturalidade.

Competencia Transversal 13 (CT13):
Razoamento crítico.

Competencia Transversal 14 (CT14):
Compromiso ético.

Competencia Transversal 15 (CT15):
Aprendizaxe autónomo.

Competencia Transversal 16 (CT16):
Adaptación a novas situacións.

Competencia Transversal 17 (CT17):
Creatividade.

Competencia Transversal 18 (CT18):
Liderazgo.

Competencia Transversal 19 (CT19):
Coñecemento de outras culturas e costumes.

Competencia Transversal 20 (CT20):
Iniciativa e espírito emprendedor.

Competencia Transversal 21 (CT21):
Motivación pola calidade.

Competencia Transversal 22 (CT22):
Sensibilidade por temas ambientais