O Practicum é unha actividade de natureza formativa realizada polo estudantado e supervisada polas universidades, cuxo obxectivo é permitirlles aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

Coa realización das prácticas académicas externas preténdense alcanzar os seguintes fins:

  • Contribuír para a formación integral do estudantado complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
  • Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que o futuro profesorado haberá de operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
  • Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
  • Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
  • Favorecer a innovación e creatividade e o emprendemento.

Para poder matricularse no Practicum será requisito imprescindible ter superado o 70% dos créditos de formación básica e obrigatoria correspondente aos tres primeiros cursos.

Os centros responsables disporán dos Convenios de Colaboración Educativa necesarios para a realización do Practicum. O centro garantirá que todo o estudantado matriculado no Practicum dispoña de centro para a realización do mesmo. Na medida do posible, o estudantado en prácticas poderá escoller o centro onde realizar o Practicum entre os centros que dispoñan de acordo de colaboración puntual ou convenio de prácticas.

 

 

Curso 2022/2023

Practicum do Grao en Educación Infantil

Documentación xeral

 

Calendario de asignación

Proceso Data
Solicitude do practicum Ata o 6 de setembro de 2022
Adxudicación provisoria
7 de setembro de 2022
Subsanación de erros 8 de setembro de 2022
Adxudicación definitiva
9 de setembro de 2022

 

Documentación e formularios

Estudantado

Titoras/es académicos/externos

Os formularios deben cumprimentarse na secretaría virtual e posteriormente imprimilos.

Curso 2022/2023

Practicum do Grao en Educación Primaria

Documentación xeral

 

Calendario de asignación

Proceso Data
Solicitude do practicum Ata o 6 de setembro de 2022
Adxudicación provisoria
7 de setembro de 2022
Subsanación de erros 8 de setembro de 2022
Adxudicación definitiva
9 de setembro de 2022

 

Documentación e formularios

Estudantado

Titoras/es académicos/externos


Os formularios deben cumprimentarse na secretaría virtual e posteriormente imprimilos.

Curso 2022/2023

Practicum do Grao en Educación Social

Documentación xeral

 

Calendario de asignación

Proceso Data
Solicitude do practicum Ata o 15 de xuño de 2022
Listaxe provisoria de primeiras opcións 30 de xuño de 2022
Practicum I e Practicum II
Listaxe definitiva de asignación de titores/as académicos/as e posibles destinos 15 de xullo de 2022
Practicum I e Practicum II

 

Documentación e formularios

Estudantado

Titoras/es académicos/externos

Curso 2022/2023

Practicum do Grao en Traballo Social

Documentación xeral

 

Calendario de asignación

Proceso Data
Solicitude do practicum Do 21 de febreiro ao 5 de marzo de 2022
Publicación da oferta definitiva de prazas 1 de xullo de 2022
Solicitude de praza Do 5 ao 15 de xullo de 2022
Adxudicación provisoria 22 de xullo de 2022
Listaxe provisoria
Adxudicación definitiva 15 de setembro de 2022
Listaxe definitiva

 

Documentación e formularios

Estudantado

Titoras/es académicos/externos