Profesor/a titular de universidade
Área de Teoría e Historia da Educación
Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa
Información de contacto
Facultade de Educación e Traballo Social
Pavillón 2, Planta 2, Despacho 21
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 129
xcid@uvigo.es
Breve CV
Xosé M. Cid Fernández. Morgade, Xinzo de Limia, 1957. Profesor (1979-1989) e Director (1989-90) do Colegio Universitario (USC) Decano de Humanidades (1994-1998), Vicerreitor de Extensión Universitaria, Universidade de Vigo (1998-2001), Decano da Facultade de Ciencias da Educación entre 2001 e 2008, así como na actual lexislatura, desde 2020 na nova Facultade de Educación e Traballo Social. Director do programa de doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento. Potenciou especialmente as relacións con Portugal, coas Universidades de Tras-os-Montes e Alto Douro, Minho, Porto e Institutos Politécnicos de Santarém e Viseu. Membro fundador de Nova Escola Galega en 1983, asociación na que forma parte do Grupo de traballo de Educadores/as para a Paz. Premio Xuices honorarios do Couto Mixto en 2017. Membro da Sociedad Internacional de Historia de la Educación, da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social, Coordinador da Sección de Pedagoxía da Fundación Vicente Risco. Socio de Honra do CEESG. Membro do Consello Galego de Universidades, nomeado polo Parlamento Galego, entre 2006 e 2014. Premio Lois Peña Novo na edición de 2016. Promoveu e participou en multitude de congresos e xornadas, publicando ó redor de 50 capítulos de actas de congresos estatais e internacionais. Destacan os dedicados a educación para a paz e intercultural, e especialmente as cinco edición do Congreso sobre Patrimonio cultural galego, xuntamente co Centro de Cultura Popupar Xaquin Lorenzo, ou con Ponte… nas Ondas! Dirixiu ademais os cursos de Verán da Universidade de Vigo en varias edicións durante os anos noventa. Participou en diversos proxectos de investigación, publicando individualmente ou en coautoría, mais de 150 libros, artigos ou capítulos, destacando os estudos sobre educación republicana e represión franquista do maxisterio, así como múltiples traballos relacionados coas 16 teses dirixidas.
Docencia
1º cuadrimestre
Grao en Educación Primaria
O05G120V01102 | Educación: Teoría e historia da educación
Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
O05M138V01101 | Interculturalismo en entornos socio-educativos
2º cuadrimestre
Grao en Educación Social
O05G130V01601 | Iniciación na práctica profesional
O05G130V01602 | Prácticas externas: Practicum I
O05G130V01801 | Prácticas externas: Practicum II
Liñas de TFG
- Ambitos de intervención da educación social (EI, EP, ES)
- Educación para a paz, dereitos humanos, interculturalidade, resolución de conflitos (EI, EP, ES)
Investigación
Grupo de investigación
Investigación en Contextos Educativos e Socioeducativos
Liñas de investigación
- Historia da Educación en Galicia
- Educación para a paz e intercultural
- Renovación pedagóxica