Ref.: GAP-101038328
01/06/2021 – 01/06/2024 | Comisión Europea
Manuel José Fernández Iglesias
Participantes do centro:: María del Pino Díaz Pereira, María Carmen Ricoy Lorenzo e Joseba Delgado Parada
Importe financiado: 874.291,03 € (Total) / 72.254,85 € (Universidade de Vigo)
Descrición
Os espazos de traballo son idóneos para a inclusión. Así mesmo, na sociedade actual existen aínda brechas, de modo que certos grupos de poboación, como o de mulleres migrantes, quedan excluídos no proceso de inclusión laboral.
A misión de Thinklusion é proporcionar os instrumentos necesarios para pechar as brechas de inclusión e xénero presentes na sociedad a través de ferramentas dixitais inspiradas na metodoloxía creativa Design Thinking.
Obxectivos
O obxectivo xeral é facilitar o desenvolvemento e a aplicación de Design Thinking como unha práctica sistematizada e replicable dirixida a mulleres migrantes con baixo nivel de cualificación en diferentes países europeos (Italia, Grecia, Portugal, España, Austria).
A partir do obxectivo xeral derívanse os seguintes específicos a afrontar por parte da Universidade de Vigo:
- Identificar as necesidades reais de mulleres migrantes en relación a diferentes eixes clave: formación, ensino e liderado, habilidades para a vida e a comunidade, linguaxe e corpo e identidade.
- Adaptar a metodoloxía Design Thinking para a súa aplicación co colectivo de mulleres migrantes, proporcionando formación acerca da mesma a profesionais do ámbito social que interveñen con este colectivo.
- Deseñar procedementos, modelos inspiradores e ferramentas baseadas na metodoloxía Design Thinking en soportes dixitais.
- Testar e avaliar en entidades europeas estes procedementos e ferramentas con mulleres migrantes, para promover así a súa inclusión laboral.
Actividades
As actividades levadas a cabo recompilaranse principalmente no espazo web Thinklusion, no que se atoparán procedementos, modelos inspiradores e ferramentas Design Thinking elaboradas por un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo.
Ademais, levaranse a cabo encontros e seminarios web para a formación de profesionais do ámbito social acerca da metodoloxía Design Thinking; así como eventos educativos co resto de participantes europeos do proxecto.