Ref.: RTI2018-099764-B-100
01/01/2019 – 30/09/2022 | Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
Esteban Vázquez-Cano
Participantes do centro:: Mª Carmen Ricoy; Cristina Sánchez Martínez; Sara Martínez Carrera
Importe financiado: 102.850,00 € (Total)

 

Descrición

Este proxecto de investigación pretende elaborar e propoñer un mapa de competencias e recursos docentes, discentes e parentais para o uso educativo e responsable dos dispositivos dixitais móbiles mediante a gamificación na educación primaria. A educación primaria, como etapa educativa na que se asintan procesos de aprendizaxe fundamentais, precisa de modelos de ensino-aprendizaxe que favorezan unha integración didáctica dos dispositivos dixitais móbiles e permitan ao profesorado, alumnado e familias, mediante propostas metodolóxicas como a gamificación, cooperar e integrar a tecnoloxía de forma lúdica nos procesos de ensino-aprendizaxe dentro e fóra das aulas.

 

Obxectivos

Este proxecto ten como obxectivo elaborar un mapa de competencias e recursos docentes, discentes e parentais, así como a súa transferencia social e educativa. Ademais, pretende que os seus resultados poden servir de complemento e axuda a familias, estudantes e a moitos docentes que innovan sen descanso nas súas clases.

 

Actividades

  • Determinación da investigación sobre gamificación con resultados desde a evidencia científica
  • Identificación de actividades de innovación no desenvolvemento do currículo
  • Análise de experiencias lúdicas en contornas de aprendizaxe
  • Indagación sobre experiencias con ferramentas dixitais de acceso libre sobre gamificación en Educación Primaria
  • Deseñar intervencións aplicando a gamificación en contexto de formación Básica
  • Elaboración dun mapa de competencias e recursos docentes, discentes e parentais para apoiar principalmente a educación primaria