Xornada de Orientación para Máster (XOM2020)

A Xornada de Orientación Universitaria para Máster celébrase o venres 19

Prezadas direccións de facultades e escolas:

Dende a Área de Captación de Alumnado, coa colaboración do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao, temos previsto celebrar o 19 de xuño, de 17:00 a 18:30 h, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, a Xornada de Orientación para estudos de Master (XOM2020). Tedes máis información na nova no DUVI na seguinte ligazón: www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/universidade-dara-conecer-sua-oferta-mestrados-nunha-xornada-virtual

Os datos de acceso para a conexión co evento son os seguintes:

 

O obxectivo da XOM é ofrecer información sobre preinscrición, matrícula e oferta de estudos de mestrado da Universidade de Vigo.

Está especialmente dirixida ao alumando de cuarto curso de grao da UVigo e das universidades galegas, así como a alumnado nacional e internacional que xa amosou interese en recibir información sobre os nosos mestrados en feiras de orientación de posgrao nas que participamos, como FIEP. Por suposto, trátase dun formato aberto, polo que esperamos que se conecten todas as persoas que teñan dúbidas sobre os prazos, condicións de acceso, matrícula, taxas e oferta de mestrado na nosa universidade.

O programa da Xornada é un formato curto, adaptdo a unha duración que consideramos oportuna para ter maior seguimento:

  • 17.00-17.05 h Inauguración e presentación da xornada: Programa e Poñentes
  • 17.05-17.35 h Preinscrición, acceso e matrícula. Henar Quintas, Servizo de  Xestión de Estudos de Posgrao Sección de Xestión de Mestrado
  • 17.35-18.00 h Quenda de Preguntas
  • 18.00-18.20 h Oferta formativa de Mestrado. Ana Caamaño Martínez, técnica de Captación de Alumnado
  • 18:20–18:30 h Quenda de Preguntas