Según o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarias oficiais, se entende por recoñecemento de créditos a aceptación por unha universidade dos créditos que, habendo sido obtidos nuns ensinos oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Asi mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutros ensinos superiores oficiais ou en ensinos universitarios conducentes á obtención doutros títulos, aos que se refire o artigo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.

A transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas de grao deberán respetar as seguintes regras básicas:

  • Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total dos créditos do título, correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Sempre que a titulación de destino á que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Tamén serán obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
  • O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola Universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos ou ben que teñan carácter transversal.

Por outra parte, o estudantado poderá obter o recoñecemento de ata 6 ECTS pola súa participación en actividades culturais universitarias, deportivas, de representación estudiantil, solidarias ou de cooperación. Esta cantidade sustraerase do total de créditos de materias optativas a cursar. A normativa e formularios para este tipo de recoñecementos está dispoñible na páxina web da Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

 

Recoñecementos automáticos

Ao estudantado que cursara o Ciclo formativo de grao superior en Educación Primaria recoñeceranselle as seguientes materias:

Ao estudantado procedente do Grao en Educación Social da Universidade de Vigo recoñeceránselle as seguintes materias: