A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense gardou este mércores un minuto de silencio polos tres estudantes falecidos en Huelva no incendio do piso no que vivían. Alumnado e profesorado do centro quixo así “trasladar o noso pesar por tan triste perda”, lembrando que as persoas falecidas estudaban na Facultade de Traballo Social da Universidad de Huelva. O acto, que tivo lugar entre os edificios de Ferro e Politécnico, foi convocado polo Grao en Traballo Social da facultade e estivo aberto á asistencia dos membros da comunidade universitaria que se quixeron unir a esta lembranza.