Ver en UVigoTV
As axudas visuais son un dos múltiples factores a ter en conta na defensa do TFG. Crear un bo apoio visual para a presentación do TFG é fundamental, xa que favorece a atención da audiencia, así como a comprensión da mensaxe.
Apoiar a nosa defensa do TFG con axudas visuais permite amosar datos relevantes, transmitir ideas e información clave, así como evidenciar a capacidade de análise e síntese e aproveitar a potencialidade de expresarse en múltiples linguaxes.
Datas/horario da formación
18 e 19 de marzo de 11.00 a 13.00 horas
Lugar
Aula 4.2
Docentes encargados
Almudena Alonso Ferreiro
+info: almalonso@uvigo.es
Breve descrición dos contidos do curso
- Estrutura dunha presentación multimedia.
- Qué incorporar e cómo na presentación multimedia.
- Principios para o deseño dunha presentación multimedia.
- Ferramentas tecnolóxicas para a creación de presentacións multimedia.