O obxectivo xeral deste curso é facilitar ao alumnado o desenvolvemento da análise dos datos para a elaboración do Traballo Fin de Grado e do Traballo Fin de Mestrado
As competencias procedementais vinculadas coa materia TFG que se desenvolven son:
- CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CT1 Capacidade de análise e síntese.
- CT2 Capacidade de organización e planificación.
- CT5 Coñecemento de informática relativos ao ámbito de estudo.
- CT6 Capacidade de xestión da información.
- CT7 Resolución de problemas.
- CT14 Razoamento crítico.
Datas/horario da formación
1ª sesión: venres, 22 de marzo, de 9.30 a 13.30 h
2ª sesión: venres, 5 de abril, de 9.30 a 13.30 h
3ª sesión: venres, 12 de abril, de 9.30 a 13.30 h
Lugar
Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense
Edificio Facultades
Laboratorios 307-308-309
Docentes encargados
– Directora Académica do Curso:
Yolanda Rodríguez Castro
– Docentes do curso:
Yolanda Rodríguez Castro, Rosana Martínez Román e José Luis Fernández Méndez
+info: yrcastro@uvigo.es
Breve descrición dos contidos do curso
Itinerario 1: Investigación cuantitativa
1ª Sesión
Estatística descritiva:
- Organización dos datos.
- Medidas de tendencia central e dispersión.
- Manexo técnico do SPSS.
- Introdución dos datos no SPSS.
2ª Sesión
- Análise dos datos co SPSS.
3ª Sesión
- Análise dos datos.
- Elaboración de táboas e figuras.
- Presentación, descrición ou/e interpretación.
Itinerario 2: Investigación cualitativa
1ª Sesión
Análise de contido:
- Tipoloxía de información obxecto de análise.
- Organización da información/datos.
- Análises da información coa axuda de soporte informático.
2ª Sesión
- Análise da información coa axuda de soporte informático.
3ª Sesión
- Elaboración de táboas e figuras de resultado.
- Presentación, descrición ou/e interpretación de resultados.