Coordinación: José María Failde Garrido
Este programa de doutoramento ofrece un espazo de formación avanzada no ámbito dos estudos sobre o envellecemento demográfico e a lonxevidade a través da lente científica das Ciencias Sociais. Neste sentido, preséntase como un ciclo de estudos que engade diferentes áreas disciplinares, buscando capitalizar as súas semellanzas, pero tamén as súas diferenzas, nun enfoque centrado nas complementariedades que se asumen como fundamentais para a comprensión dun fenómeno multidimensional como o envellecemento demográfico e a lonxevidade.
Matrícula
Área de Estudos de Posgrao
Elsa: 988 368 803 | Milagros: 988 368 910 | Ana: 988 368 909
administracionposgrao.ourense@uvigo.es