Ver en UVigoTV

As axudas visuais son un dos múltiples factores a ter en conta na defensa do TFG. Crear un bo apoio visual para a presentación do TFG é fundamental, xa que favorece a atención da audiencia, así como a comprensión da mensaxe.

Apoiar a nosa defensa do TFG con axudas visuais permite amosar datos relevantes, transmitir ideas e información clave, así como evidenciar a capacidade de análise e síntese e aproveitar a potencialidade de expresarse en múltiples linguaxes.

Datas/horario da formación

18 e 19 de marzo de 11.00 a 13.00 horas

Lugar

Aula 4.2

Docentes encargados

Almudena Alonso Ferreiro

+info: almalonso@uvigo.es


Breve descrición dos contidos do curso

  • Estrutura dunha presentación multimedia.
  • Qué incorporar e cómo na presentación multimedia.
  • Principios para o deseño dunha presentación multimedia.
  • Ferramentas tecnolóxicas para a creación de presentacións multimedia.