O RD 822/2021 establece que para que as persoas con títulos universitarios oficiais correspondentes á anterior ordenación poidan aceder aos ensinos de grao debe haber unha admisión previa da universidade, e ésta debe facerse de acordo á normativa que a este respecto teña a propia universidade, que deberá recoñecer ao estudantado os créditos dos ensinos de grao do que procedan, segundo o currículo seguido.

Memorias dos cursos de adaptación aos graos

 

O título de grao obtido mediante estes cursos de adaptación non contempla a adquisición de ningunha mención. No caso de que se desexe obter unha mención específica, o estudantado deberá cursar un total de 24 créditos optativos da mención correspondente. Poderase solicitar recoñecemento de créditos no caso de que teñan superadas na titulación de acceso materias equivalentes, agás o Traballo Fin de Grao (TFG) que en ningún caso poderá ser obxecto de recoñecemento.

 

Calendario de admisión 2023/2024

Proceso Data
Prazo de presentación de solicitudes do 1 de xuño ao 15 de xullo
Listaxe provisoria de persoas admitidas: Publicaranse no taboleiro electrónico como máximo sete días naturais despois de pechado o prazo de presentación de solicitudes
Reclamacións Tres días naturais, contados dende o seguinte a esta publicación da listaxe provisional
Listaxe definitiva de persoas admitidas: Estarán como mínimo o día anterior ao comezo do prazo ordinario de matrícula (23 de agosto)

 

Matrícula

Período ordinario de matrícula: do 23 de agosto ao 11 de setembro de 2023.

No caso de que non se matriculen todas as persoas admitidas, establecerase a posibilidade de efectuar chamamentos de matrícula cada tres días cando existan listaxes de agarda a fin de que non queden prazas vacantes.

 

Documentación

Ademais da documentación xustificativa que permita valorar a experiencia laboral e/ou os criterios específicos de selección indicados en cada caso, quen acadara o título noutra universidade presentará:

  • Título oficial ou certificación do pago dos prezos públicos de expedición do título que da acceso, para a súa revisión
  • Certificación académica coas cualificacións obtidas para os efectos de valoración do expediente

 
Tramitación na sede