Esta xornada ten como cometido informar e orientar aos estudantes que están próximos a finalizar os seus estudos, das distintas saídas profesionais que existen no mercado laboral; ademais de mostrárselles as vías e recursos que facilitarán a súa futura inserción. Asemade, asesórase sobre os estudos de posgrao, que oferta a Facultade de Educación e Traballo Social (i.e., cursos de especialización, mestrados, doutorado). Esta sesión está dirixida aos estudantes de 4º e 2º curso.
Por outra banda, infórmase e oriéntase sobre as distintas mencións dos graos de Educación Infantil e de Primaria. Este contido está destinado moi especialmente aos estudantes de 2º curso.