Existe unha longa tradición na promoción do feminismo dentro da Facultade de Educación e Traballo Social. O noso compromiso coa igualdade remóntase ás orixes do centro, existindo diferentes programas de actividades que vinculan o seu inicio ao principio da transición democrática.

A formación en materia de xénero desenvólvese de xeito transversal nas materias do currículo e conta con contidos específicos nos plans de estudos. Estes coñecementos son complementados cun amplo abano de actividades de extensión universitaria organizadas por toda a comunidade educativa, sendo promovidas tanto polo seu profesorado como polo alumnado.

Á hora de confeccionar os diferentes órganos de goberno e as distintas comisións de traballo, atendeuse ao cumprimento da paridade, como amosan os anos de existencia da Facultade, nos que ocuparon o cargo de decana dúas mulleres durante 12 anos. Ademais, o colectivo docente e investigador da Facultade está conformado por un numeroso grupo de especialistas en perspectiva de xénero, que contan con traballos de indagación con grande impacto social.

Co fin de romper coa invisibilización das mulleres na linguaxe, a Facultade asume un compromiso co uso de términos inclusivos publicamente (web, redes sociais, carteis, docencia, programas de radio…), así como de modo interno (informes de calidade, actas, reunións dos diferentes órganos, correos electrónicos institucionais…). Ao mesmo tempo, para visualizar as contribucións realizadas polas mulleres ao longo da historia, o centro desenvolveu unha campaña de feminización dos nomes dos seus espazos emblemáticos.

Facultade de Educación e Traballo Social obtivo o Distintivo de Igualdade o 8 de abril de 2022.

In order to receive further information in the programmes related with the Equality Unit of the University of Vigo you can consult the following link:

Equality in the University of Vigo
Inclusive Language Handbook

 

Equality Liaison Officer

Jesús Deibe Fernández Simo
+34 988 387 182
jesfernandez@uvigo.gal