Foro galego: Universidade Terceiro Sector

A Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense organiza o  Foro Galego Universidade – Terceiro Sector. A iniciativa pretende ser un punto de encontro entre a comunidade académica e as organizacións da economía social que traballan nos procesos de inclusión dos colectivos vulnerables en Galicia. O obxectivo é tratar de establecer sinerxías de colaboración que contribúan á mellora da eficiencia dos procesos de acompañamento das persoas en dificultade social. No foro debaterase sobre estratexias de investigación, proxectos de aprendizaxe servizo no terceiro sector, mellora da formación universitaria das figuras profesionais da educación e do traballo social, así como outras posibles vías de colaboración compartidas entre a universidade e as organizacións implicadas nos procesos de inclusión social en Galicia.

Programa do evento

  • 9.30 h. Inauguración.

    Francisco Javier Rodríguez Rajo. Vicerreitor do Campus de Ourense.
    María Isabel Mociño González. Decana da Facultade de Educación e Traballo Social.

  • 10.00 h. Aprendizaxe Servizo (APS), unha práctica para o impacto social positivo. Susana Pérez Crespo. Coordinadora do Grupo Galego de APS.
    Prensenta: Xosé Manuel Cid Fernández. Profesor Titular da Universidade de Vigo.
  • 10.20 h Colmea de Ideas. Programa de innovación aberta para incorporación de talento às organizacións. Maruxa Álvarez Jiménez. Directora da Área de Emprego da Universidade de Vigo.

    Presenta. Rubén González Rodríguez. Profesor Titular a Universidade de Vigo.

  • 10.40 a 12. 00 h.

    Mesa redonda. Dinámicas de colaboración entre Universidade e Terceiro Sector
    EAPN. Rede Galega contra a pobreza. Nerea Rivero.

    POIG. Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. Mónica Viqueira Martínez
    FAGAL. Federación Alzhéimer Galicia. Javier Hermida Porto.

    Modera: María del Carmen Verde Diego. Profesora Titular da Universidade de Vigo.

  • 12.00 h. Descanso.

  • 12.30 a 13.30 h. Grupos de Traballo. Reflexións e propostas para a acción conxunta entra a universidade e o terceiro sector.

  • 13.30 a 14 h. Conclusións e peche.