Dende o 2022, esta convivencia configurouse como un punto de encontro que sirve para dar visibilidade á profesión de Educación Social, cedéndolle ademais un gran protagonismo á contorna que nos acolle, coa posta en valor da cultura e etnografía propia do rural raiano ourensán.
Co ánimo de crear espazos colectivos que enriquezan, nos que compartir experiencias, saberes e lecer, o Ceesg asume o reto de organizar esta terceira edición, cun programa con formación específica para profesionais e estudantes, e cun completo abano de actividades lúdicas e culturais abertas a toda persoa que queira asistir. Exhibicións etnográficas, xogos tradicionais, festival de música, roteiros pola natureza… son algunhas das actividades que vos esperan.
Vive a experiencia #Xurés 2024!