O terceiro martes do mes de marzo de cada ano celébrase o Día Mundial do Traballo social. Conmemoramos o compromiso, a contribución e o labor das/os profesionais do Traballo social como coñecedores/as de primeira man da realidade social, líderes de cambio, da intervención social, e impulsores da loita e a garantía dos dereitos sociais da cidadanía.
Desde o Grao de Traballo social da Universidade de Vigo tamén queremos aproveitar esta conmemoración para unirnos á reflexión, ao debate, para repensarnos e tecer relacións humanas entre estudantado, profesorado, profesionais e o conxunto da comunidade. Convidámosvos a participar. Todas as actividades son abertas e gratuítas.