Preto 700 estudantes do campus celebran estas semanas as súas graduacións

O pasado venres arrancaron no campus de Ourense os actos de graduación do alumnado das diferentes titulacións que se imparten nel. Ata o 30 de xuño, preto de 700 estudantes celebrarán o remate do seus estudos. Elas e eles recollerán os seus diplomas e bandas acompañados de autoridades académicas, membros da comunidade universitaria, familiares e amigas e amigos.

Educación e Traballo Social, Enfermaría, Aeroespacial e Historia

A XI promoción do Grao de Educación Social (2019/2023), da Facultade de Educación e Traballo Social, foi a máis madrugadora, celebrando a súa graduación o pasado venres 26 de maio. Foron 60 as e os estudantes que, apadriñados polo profesorado Yolanda Rodríguez e Deibe Fernández Simo, festexaron o remate dos seus estudos superiores. Os actos deste centro continuarán o día 9 e 30 de xuño, no salón de actos Marie Curie do campus. O día 9 terá lugar a graduación ás 17.00 h da XI promoción do Grao de Educación Infantil (formada por 74 persoas e apadriñada por Francisco Javier García e Fernando Dacosta) e ás 19.00 h da XI promoción do Grao de Traballo (formada por 60 persoas e amadriña por María Martínez e Ana Isabel Méndez). A graduación da XI promoción do Grao de Educación Primaria, formada por 85 estudantes, será o día 30, ás 18.00 h, e terá como madriña e padriño a Mónica Rodríguez e Ricardo Escudero.

Este venres 2 de xuño tomaralle o relevo a Escola Universitaria de Enfermaría, centro adscrito á Universidade de Vigo. A súa X promoción do Grao de Enfermaría, formada por arredor de 40 estudantes, celebrará ás 17.30 h, no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico do campus, o seu acto de graduación, no que terán como madriña a Mª Florentina Vale e como padriño a Daniel Claviño. Tamén esta fin de semana, o sábado 3 de xuño, festexarán o fin dos seus estudos a cuarta promoción do Grao de Enxeñaría Aeroespacial da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Esta nova xeira de egresadas e egresados está formada por 35 estudantes e terá como padriño a Enrique Mallón, secretario xeral de Asime. Será ás 18.30 h, tamén no salón de actos Marie Curie.

A Facultade de Historia continuará esta quenda de actos o venres 9 de xuño, no Liceo de Ourense. Celebrará o remate dos seus estudos a X promoción do Grao en Xeografía e Historia, formada por 15 estudantes, e a segunda do Programa Conxunto de Xeografía e Historia e Turismo, composta por seis estudantes. O padriño de promoción será o profesor do centro Xosé Ramón Campos.

Dereito, Enxeñaría Informática, Ciencias e Ciencias Empresariais e Turismo

Polo que respecta á Facultade de Dereito, o centro arrancou os seus actos de graduación o pasado 12 de maio, coa graduación no Colexio da Avogacía de Ourense do alumnado da IX promoción do seu Mestrado Universitario en Avogacía, formada por unha decena de persoas. Xa o día 16 de xuño terá lugar, no salón de actos Marie Curie do edi¬ficio Politécnico, a graduación da XI promoción do Grao de Dereito, formada por 32 persoas, e a V promoción do Programa Conxunto Grao en Administración e Dirección de Empresas e Dereito (2018-2023), composta por 17 persoas. Os padriños de promoción serán respectivamente, os profesores Roberto O. Bustillo e Manuel Antonio Crespo. Durante o acto terá lugar o nomeamento como membro honorí¬fico do Claustro de Profesores da Facultade de Dereito de Luis Martín Rebollo, catedrático emérito de Dereito Administrativo da Universidad de Cantabria.  Tamén haberá un recoñecemento ao profesorado xubilado do centro.

Xa o día 23 de xuño será a quenda do alumnado da Facultade de Ciencias, que festexará o remate dos seus estudos tamén no salón de actos Marie Curie do campus, ás 17.30 h. Neste caso, gradúanse a XI promoción do Grao de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (15 estudantes); a X promoción do Grao de Enxeñaría Agraria (4 estudantes); a X promoción do Grao de Ciencias Ambientais (29 estudantes) e do Máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental (14 estudantes). Terán como padriños e madriñas a Elena Falqué, Montserrat Míguez, María Flora Alonso e Rosa Rodríguez. Durante o acto entregaranse os Premios Sonia García Falcón ao mellor traballo fin de grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, o Premio do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas ao mellor TFG do Grao de Enxeñaría Agraria, o Premio Julia Franco ao mellor TFG do Grao de Ciencias Ambientais e o Premio á mellor fotografía presentada no certame fotográfico celebrado con motivo da festividade de San Isidro 2023, patrón do Grao en Enxeñaría Agraria.

O día 29 de xuño, ás 18.30 h, tamén no salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico do campus, será o acto de graduación do alumnado da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Trátase da XI promoción do Grao de Enxeñaría Informática, formada por 62 persoas; da V promoción do Programa Conxunto Administración e Dirección de Empresas e Enxeñaría Informática, composta por dúas persoas, e da X promoción do Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática, formada por dez persoas. Serán apadriñados por Noelia García, Adrián Seara e José Ramón Méndez. Tamén se dará a benvida aos dous novos doutores da escola.

Por último, o 30 de xuño, ás 17.00 h, no salón de actos Marie Curie terá lugar a graduación do alumnado da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Trátase da XII promoción do Grao de Turismo (29 estudantes); da XIII promoción do Grao de Administración e Dirección de Empresas (45); da V promoción do Programa Conxunto ADE-Dereito (17); da IV promoción do Programa Conxunto ADE-Enxeñaría Informática (6 estudantes) e da I promoción do Programa Universitario para o Emprego e a Vida Autónoma (6 alumnos). As madriñas académicas serán as profesoras Ana Gueimonde e Mª Xosé Vázquez e as institucionais Ana Mª González (directora de Recursos Humanos de Riu Hotels&Resorts) e María Sol Novoa (presidenta da Confederación Empresarial de Ourense). No acto entregaranse os premios aos mellores expedientes en ADE e Turismo, que nesta ocasión recaeron en Andrea García e Felipe Barcala respectivamente.

Ler a noticia completa no DUVI