Xornada de benvida UVigo

Os días 5, 6 e 7 de setembro son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso na Universidade de Vigo, e en cada campus haberá unha xornada de benvida pensada para que o estudantado de novo ingreso reciba toda a información necesaria para desenvolverse na vida universitaria.

As actividades faranse entre as 10.00 h e as 14.00 h:

  • O día 5 de setembro no Campus de Pontevedra (Campus a Xunqueira)*
  • O día 6 de setembro no Campus de Ourense (Campus Sur)*
  • O día 7 de setembro no Campus de Vigo (Praza Miralles)*

* No caso de que chova, farase no pavillón polideportivo do campus correspondente.

Máis información