Competencia Básica 1 (CB1):
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencia Básica 2 (CB2):
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencia Básica 3 (CB3):
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Competencia Básica 4 (CB4):
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencia Básica 5 (CB5):
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia Xeral 1 (CG1):
Transmitir, promover e desenvolver a cultura.
Competencia Xeral 2 (CG2):
Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais.
Competencia Xeral 3 (CG3):
Intervir como mediador social, cultural e educativo.
Competencia Xeral 4 (CG4):
Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos.
Competencia Xeral 5 (CG5):
Deseñar, implementar e avaliar programas e proxectos socioeducativos.
Competencia Xeral 6 (CG6):
Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos.
Competencia Específica 1 (CE1):
Integrar críticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa.
Competencia Específica 2 (CE2):
Estar capacitado/a para o diagnostico e a mediación na prevención e resolución de conflitos en condicións de desigualdade e crise en comunidades socioeducativas.
Competencia Específica 3 (CE3):
Asumir e orientarse de acordo con valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica).
Competencia Específica 4 (CE4):
Analizar e diagnosticar a realidade complexa que fundamenta o desenvolvemento dos procesos socioeducativos.
Competencia Específica 5 (CE5):
Coñecer os fundamentos do deseño e uso dos medios, recursos e estratexias para a intervención socioeducativa e incorporalos nos diferentes ámbitos de acción socioeducativa.
Competencia Específica 6 (CE6):
Comprender a traxectoria da educación social e a configuración do seu campo e identidade profesional, a nivel comunitario, estatal, europeo e internacional.
Competencia Específica 7 (CE7):
Manexar con criterio métodos e estratexias de investigación cuantitativas e cualitativas, e aplicalas ás realidades socioeducativas.
Competencia Específica 8 (CE8):
Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade…).
Competencia Específica 9 (CE9):
Desenvolver programas e proxectos no contexto familiar e escolar.
Competencia Específica 10 (CE10):
Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas aditivas, institucións penais, e persoas e colectivos en risco de exclusión).
Competencia Específica 11 (CE11):
Organizar e xestionar proxectos e servizos culturais, ambientais, de lecer e tempo libre.
Competencia Específica 12 (CE12):
Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención socioeducativa no ámbito do desenvolvemento comunitario e cooperación ao desenvolvemento.
Competencia Específica 13 (CE13):
Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención no ámbito cultural.
Competencia Específica 14 (CE14):
Deseñar, aplicar e avaliar programas de educación permanente e de persoas adultas e maiores.
Competencia Específica 15 (CE15):
Deseñar, aplicar e avaliar programas para a inserción social e laboral.
Competencia Específica 16 (CE16):
Elaborar e interpretar informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos.
Competencia Específica 17 (CE17):
Dominar as metodoloxías de dinamización social e cultural.
Competencia Específica 18 (CE18):
Ter capacidade para potenciar as relacións interpersoais, desenvolver habilidades de comunicación interpersoal, solidariedade e empatía.
Competencia Específica 19 (CE19):
Xestionar, coordinar e supervisar entidades, equipamentos e grupos, de acordo con diferentes contextos e necesidades.
Competencia Específica 20 (CE20):
Asesorar na elaboración e aplicación de plans, programas, proxectos e actividades socioeducativas.
Competencia Específica 21 (CE21):
Asesorar e/ou acompañar a persoas e/ou grupos en procesos de desenvolvemento socioeducativo.
Competencia Específica 22 (CE22):
Estar comprometido coa calidade de actuación e moverse de acordo cos principios deontolóxicos do/a educador/a social…
Competencia Transversal 1 (CT1):
Capacidade de análise e síntese.
Competencia Transversal 2 (CT2):
Planificación e organización.
Competencia Transversal 3 (CT3):
Comunicación oral e escrita na/s lingua/s materna/s con apertura a outros códigos lingüísticos, en especial, as linguas cooficiais na comunidade galega.
Competencia Transversal 4 (CT4):
Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional.
Competencia Transversal 5 (CT5):
Xestión da información.
Competencia Transversal 6 (CT6):
Resolución de problemas e toma de decisións.
Competencia Transversal 7 (CT7):
Dominio de metodoloxías e técnicas educativas, dinamizadoras de asesoramento e orientación.
Competencia Transversal 8 (CT8):
Capacidade crítica e autocrítica.
Competencia Transversal 9 (CT9):
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos doutras áreas e en distintos contextos.
Competencia Transversal 10 (CT10):
Recoñecemento e respecto a a diversidade e multiculturalidade.
Competencia Transversal 11 (CT11):
Habilidades interpersoais.
Competencia Transversal 12 (CT12):
Compromiso ético.
Competencia Transversal 13 (CT13):
Autonomía na aprendizaxe.
Competencia Transversal 14 (CT14):
Adaptación a situacións novas.
Competencia Transversal 15 (CT15):
Creatividade.
Competencia Transversal 16 (CT16):
Liderado.
Competencia Transversal 17 (CT17):
Iniciativa e espírito emprendedor.
Competencia Transversal 18 (CT18):
Apertura cara á aprendizaxe ao longo de toda a vida.
Competencia Transversal 19 (CT19):
Compromiso coa identidade, desenvolvemento e ética profesional.
Competencia Transversal 20 (CT20):
Orientación á calidade.