Este título busca asegurar unha formación pedagóxica e científica do futuro profesorado do Grao en Educación Infantil, coherente cos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade; igualdade efectiva de mulleres e homes; fomento dunha educación e cultura no marco dunha boa convivencia.

Capacitar para o exercicio da profesión, focalizando a formación do estudantado no desenvolvemento integral dos nenos e nenas da etapa de Educación Infantil procurando afianzar a súa responsabilidade, valores democráticos e solidarios.

Consulta a ficha do título