Plans de Mellora da Calidade da Facultade de Educación e Traballo Social

O proceso de realización do TFG implica a posta en marcha dunha serie de competencias procedementais clave tales como: buscar e xestionar información, analizar datos empíricos, redactar textos académicos, usar recursos TICs e saber comunicar e debater os resultados.

Este programa de actividades pretende apoiarte neste proceso mediante SEIS ACCIÓNS FORMATIVAS de carácter práctico enfocadas a cada unha destas competencias.

O programa é flexible e poderás matricularte naquelas accións/cursos que consideres máis necesarios ou interesantes.


Accións formativas

Se queres información específica de cada curso, clica no seu enlace.

 

Preguntas frecuentes

– Como podo inscribirme?
A inscrición aos cursos debes facela a través da Secretaria Virtual no apartado de Formularios e Enquisas Privadas. O prazo para a inscrición xa está aberto e poderás matricularte ata o 31 de xaneiro de 2023.

– Onde preguntar as miñas dúbidas?
Envíanos un correo á seguinte dirección de correo electrónico sdexbo@uvigo.gal

– Existe un número limitado de prazas?
Haberá un límite no número de prazas que será de 100 persoas por curso.

– Existe algunha condición para apuntarme os cursos?
Só poderá inscribirse no curso o alumnado que se atope matriculado na materia TFG.

– Cal é a modalidade do curso?
Presencial (podendo cambiar a virtual segundo as circunstancias sanitarias pola pandemia).

– Proporciona certificado?
Entregarase un certificado de asistencia de 20 horas asinado pola vicerreitora do campus que acredite “Competencias procedementais para a formación do futuro docente, educador/a social ou traballador/a social”. Será necesario cursar un mínimo de 20 h da oferta optativa (algunhas actividades teñen carácter obrigatorio).