Nun contexto académico onde as tecnoloxías da información teñen cada vez maior presenza, a intelixencia artificial está a converterse nunha ferramenta de referencia en moitos campos da docencia e a investigación. Esta actividade ten como obxectivo contribuír a que os e as futuros profesionais da educación se familiaricen coas diversas aplicacións da IA no ámbito académico, en concreto na elaboración do traballo de fin de grao. As ferramentas de IA permiten optimizar os procesos de procura de información, de análise e de redacción, de maneira que o alumnado poida centrarse naquelas tarefas máis creativas que realmente achegan valor ao seu traballo. Con esta actividade, os e as asistentes adquirirán as competencias necesarias para utilizar de maneira eficaz e ética estas tecnoloxías, garantindo así a calidade e orixinalidade dos seus traballos.
Datas/horario da formación
27 de febreiro en horario de 10.30 a 13.30 horas
Lugar
Campus Remoto – Sala de TFG6 da FETS
Docentes encargados
Manuel José Fernández Iglesias
Breve descrición dos contidos do curso
- Introdución (30 minutos). Que é a intelixencia artificial, a IA no noso día a día, a IA no ámbito académico, obxectivos da actividade
- Ferramentas de IA para a investigación (45 minutos). Procura de información, xestión de bibliografía, xeración de resumos e extracción de información
- Xeración de contido (45 minutos). Ferramentas de escritura asistida, xeración de textos
- Ética e desafíos no uso da IA (30 minutos). Sesgos algorítmicos, propiedade intelectual, privacidade, pequeno debate entre o alumnado participante
- Conclusión e recapitulación (15 minutos). Resumo, recomendacións para un uso responsable e efectivo da IA, futuro da IA en educación, tendencias e perspectivas de futuro