O alumnado da Facultade de Educación de Ourense quixo sumarse á celebración do Día das Letras Galegas, nunha homenaxe persoal a Xela Arias. Baixo a titorización dos profesores de Lingua galega, Fernando Dacosta, Ana Iglesias e Mercedes González, levaron a cabo un proxecto no que reinterpretan poemas da autora para traducilos á linguaxe audiovisual, nunha mestura de artes da que tanto gustaba Xela Arias.
Podes consultar os traballos do alumnado sobre a obra da autora homenaxeda, Xela Arias na seguinte ligazón Traballos alumnado.
Cartel da exposición Xela Arias: A poesía do retrato.
Xa están dispoñibles as gravacións dos actos de homenaxe. Podes visualizalas nas seguintes ligazóns: primeiro e segundo acto.