“Á espreita dos ríos subterráneos” é un espazo de reflexión crítica e participación activa do colectivo docente, discente, do persoal de administración e servizos e da sociedade en xeral no Campus de Ourense-Campus Auga.
O formato é o de aula aberta, na que a espreita leve á reflexión crítica e á análise sosegada, dende diferentes perspectivas, sobre aspectos como o papel das mulleres na ciencia, os prexuízos lingüísticos, a infancia e mocidade en risco de exclusión social, as migracións ou os conflitos ao redor da construción da identidade.
As correntes subterráneas teñen de abrollar, saír da invisibilidade no Campus Auga, para revelarse en todas as súas dimensións, por veces dramáticas, por veces silenciadas, mais sempre latentes nunha sociedade que se quere equitativa, xusta e respectuosa.
A cultura será o instrumento; os seus produtos, a materialización dos afáns de cambio; a curiosidade, o mellor dos recursos; e a ollada escrutadora, atenta e vixiante, a canle para a mudanza.
Inscríbete aquí.
Actividade recoñecida con 10 horas