De conformidade co establecido no punto 3 do anexo I da Resolución Reitoral do 29 de novembro de 2019 no que se regulan as bases da convocatoria de prazas Erasmus+ Estudos para o curso 2020-21, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e publicada a resolución definitiva de solicitudes admitidas a trámite e excluídas, a Facultade de Bioloxía procede a:
- Publicar a listaxe provisoria do alumnado seleccionado (véxase o anexo I).
- Publicar a listaxe provisoria do alumnado en lista de agarda (véxase o anexo II).
- Publicar a listaxe provisoria do alumnado excluído.
- Establecer un prazo de alegacións de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas listaxes provisionais. O escrito de alegacións dirixido á persoa responsable das relacións internacionais da Facultade de Bioloxía deberá presentarse en decanato antes das 14:00 h.
Ver listaxe