Con data de mañá, martes 5 de abril, publicaranse as listaxes definitivas de persoas candidatas á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario, data en que se elaborarán os documentos preparatorios para a impresión das papeletas de votación. Por acordo da Comisión Electoral, pemítese entón que as persoas candidatas a representantes no Claustro, que desexen presentar a súa renuncia, o poidan facer ata o propio día 5 de abril, dirixindo as súas eventuais peticións á propia Secretaría Xeral, que admitirá as solicitudes que se presenten, por delegación da Comisión. Así mesmo, lémbrase que o prazo para propoñer o nomeamento de persoas interventoras esténdese ata o luns 25 de abril, isto é, 8 días naturais antes da votación, como dispoñe a nosa normativa.
Pode consultalo na Secretaría Virtual