As mencións que se ofertan para o Grao en Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación son as seguintes:

 

Mención en Educación Especial

Materia ECTS Tipo Curso Cuad.
Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe da linguaxe oral 6 OP
Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe da lectura, escritura e cálculo 6 OP
Necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade intelectual 6 OP
Bases pedagóxicas da educación especial 6 OP
Aspectos didácticos e organizativos da educación especial 6 OP
 

Mención en Linguas Estranxeiras

Materia ECTS Tipo Curso Cuad.
Lingua estranxeira a través das novas tecnoloxías 6 OP
Situacións de comunicación en lingua estranxeira 6 OP
Idioma estranxeiro 6 OP
Lingua estranxeira a través da literatura infantil ou xuvenil 6 OP
Didáctica da lingua estranxeira 6 OP
 

Mención en Afondamento Curricular

Materia ECTS Tipo Curso Cuad.
Ética e deontoloxía profesional 6 OP
Educación ambiental para o desenvolvemento 6 OP
Educación artística 6 OP
Literatura infantil e xuvenil 6 OB
Recursos para o ensino das matemáticas 6 OP

 

Para cada unha destas mencións ofertanse un total de 5 materias (a excepción da mención de afondamento curricular na cal se ofertan 6 materias).

O estudantado deberá cursar, polo menos, un total de 4 materias (24 créditos ECTS), para a obtención da correspondente mención. Así mesmo, 6 créditos da materia “Prácticum” (prácticas curriculares externas) deberán estar orientados á práctica profesional da mención que corresponda.

En todo caso, o estudantado poderá escoller 24 créditos de materias optativas de diferentes mencións, podendo igualmente obter o título de Grao en Educación Primaria, pero neste caso, SEN MENCIÓN.

 
Tramitación na sede