Con este Máster trátase de adquirir unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar, orientada a coñecer o estado actual da investigación no ámbito das dificultades de aprendizaxe e os procesos cognitivos. Iso require comprender o funcionamento dos procesos cognitivos e as súas implicacións nas dificultades de aprendizaxe; coñecer e aplicar métodos e técnicas de investigación no campo das dificultades de aprendizaxe e os procesos cognitivos; deseñar, planificar e implementar investigacións para contribuir científicamente ao avance do coñecemento.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 25
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación

Mar García Señorán
+34 988 387 180
msenoran@uvigo.es

Matrícula

Área de Estudos de Posgrao
988 368 803 | 988 368 910 | 988 368 909
administracionposgrao.ourense@uvigo.es