O procedemento DO-0102 P1 recolle a sistemática que permite asegurar a execución efectiva dos ensinos conforme ao recollido no plan de estudos da titulación correspondente e identificar as principais debilidades e boas prácticas, todo iso como punto de partida cara á mellora continua e como garantía para a acreditación dos títulos adscritos ao centro.
O seu obxectivo é garantir que o desenvolvemento do ensino é coherente coa memoria da titulación, inclúe os elementos axeitados de información pública e os mecanismos que permiten a mellora continua.
Podes consultar máis información en:
- Información sobre o seguimento dos títulos – ACSUG
- Guía seguimento e acreditación grao e mestrado 2018 – ACSUG
Seguimento de títulos
- Grao en Educación Infantil
- Grao en Educación Primaria
- Grao en Educación Social
- Grao en Traballo Social
- Máster en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos
- Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
- Máster en Profesorado en ESO, Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas