O Practicum é unha actividade de natureza formativa realizada polo estudantado e supervisada polas universidades, cuxo obxectivo é permitirlles aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.
Coa realización das prácticas académicas externas preténdense alcanzar os seguintes fins:
- Contribuír para a formación integral do estudantado complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
- Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que o futuro profesorado haberá de operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
- Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
- Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
- Favorecer a innovación e creatividade e o emprendemento.
Para poder matricularse no Practicum será requisito imprescindible ter superado o 70% dos créditos de formación básica e obrigatoria correspondente aos tres primeiros cursos.
Os centros responsables disporán dos Convenios de Colaboración Educativa necesarios para a realización do Practicum. O centro garantirá que todo o estudantado matriculado no Practicum dispoña de centro para a realización do mesmo. Na medida do posible, o estudantado en prácticas poderá escoller o centro onde realizar o Practicum entre os centros que dispoñan de acordo de colaboración puntual ou convenio de prácticas.
DOCUMENTACIÓN E ARQUIVO DE REXISTROS ASOCIADOS AO PRÁCTICUM
Os diferentes regulamentos de prácticas de cada titulación de grao xestionan os aspectos relativos á documentación e arquivo de todos os documentos asociados a esta materia.
Para cada un dos documentos, establécese o responsable do seu enchemento, supervisión e custodia.
A documentación xenerada no Prácticum que ten ver co desempeño nas prácticas externas curriculares será arquivada na plataforma Moovi, no apartado específico da materia. A relacionada coa xestión e certificacións estará depositada na área de apoio ao Prácticum ou no servizo correspondente que estableza a Universidade.
Practicum do Grao en Educación Infantil
Documentación xeral
- Normativa prácticas externas UVigo
- Normativa Practicum Educación Infantil (regulamento)
- Calendario 2023/2024
- Calendario 2024/2025
- Guía docente
- Orientacións do Practicum
- Estrutura da memoria
Calendario de asignación
Proceso | Data |
---|---|
Solicitude do practicum | Ata o 4 de setembro de 2024 |
Adxudicación provisoria |
11 de setembro de 2024 |
Subsanación de erros | 12 de setembro de 2024 |
Adxudicación definitiva |
13 de setembro de 2024 |
Documentación e formularios
Estudantado
- Solicitude de institución e formalización para o Practicum (D3-D4)
- Calendario de titorizacións
- Aulas de titorización do Practicum (sesión 1)
- Solicitude de certificado do Practicum (D8)
- Certificado de Delitos de Natureza Sexual para traballar con menores
Titoras/es académicos/externos
Os formularios deben cumprimentarse na secretaría virtual e posteriormente imprimilos.
Practicum do Grao en Educación Primaria
Documentación xeral
- Normativa prácticas externas UVigo
- Normativa Practicum Educación Primaria (regulamento)
- Calendario 2023/2024
- Calendario 2024/2025
- Guía docente
- Orientacións do Practicum
- Estrutura da memoria
Calendario de asignación
Proceso | Data |
---|---|
Solicitude do practicum | Ata o 4 de setembro de 2024 |
Adxudicación provisoria |
11 de setembro de 2024 |
Subsanación de erros | 12 de setembro de 2024 |
Adxudicación definitiva |
13 de setembro de 2024 |
Documentación e formularios
Estudantado
- Solicitude de institución e formalización para o Practicum (D3-D4)
- Calendario de titorizacións
- Aulas de titorización do Practicum (sesión 1)
- Solicitude de certificado do Practicum (D8)
- Certificado de Delitos de Natureza Sexual para traballar con menores
Titoras/es académicos/externos
Os formularios deben cumprimentarse na secretaría virtual e posteriormente imprimilos.