O RD 1393/2007 de 29 de outubro de 2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe para a verificación e acreditación dun título a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.

Co obxetivo de cumplir con este requisito a Facultade de Ciencias da Educación deseñou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo.
Conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT, a Axencia para a Avaliación da Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGC do centro o 26/04/2010.

Posteriormente, con data 28/07/2017, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro.

O 23 de xaneiro de 2024, a ACSUG emite informe favorable sobre a renovación da certificación da implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC), tomando como referencia os criterios de calidade establecidos no marco normativo vixente, Real Decreto 640/2021 de 27 de xullo, a Resolución do 3 de marzo de 2022, da Secretaria Xeral de Universidades, pola que se ditan as instrucións sobre o procedemento para a acreditación institucional de centros de universidades públicas e privadas e o Acordo da Rede Española de Axencias de Calidade Universitaria (REACU), do 29 de abril de 2022, sobre o procedemento para a avaliación dos casos de títulos impartidos en varios centros. A comisión avaliadora estableceu que o centro cumpría cos requisitos precisos para acreditar os seus oito títulos e a acreditación do Sistema de Garantía de Calidade.

A Comisión de Calidade, presidida polo decano do centro, é o órgano encargado da planificación das tarefas relacionadas coa implantación e seguimento do SGIC.

A documentación básica do SGC da Facultade de Ciencias da Educación está constituída polos seguintes documentos: