Proxección do documental Educación inclusiva, quererla es crearla

O día 8 de maio na Aula Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro, terá lugar ás 16:00 horas a proxección do documental “Quererla es crearla” Educación inclusiva, dirixido por Cecilia Barriga, que reflexiona sobre a inclusión a través das historias de varios estudantes e as súas familias.

A continuación, terá lugar a analise e debate sobre o documental cunha mesa redonda organizada pola Dra. Ana Belén Fernández del Río e que contará coa asistencia confirmada dos seguintes membros:

  • Decano e profesor da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, Dr. D. Xosé Manuel Cid Fernández.
  • Inspector de Educación, Dr. D. Xosé Fernández Fernández.
  • Catedrático de Orientación educativa e profesor da Universidade de Vigo, Dr. Alberto José Barreira Arias.
  • Profesora da Universidade de Vigo, Dra. Ana Belén Fernández del Río.

Os asistentes serán o alumnado da Mención de Educación Especial e o alumnado de Educación Social da materia Intervención socioeducativa para a inclusión social.