Proxecto de voluntariado Asociación Xaruma

Obxectivo xeral

  • Potenciar a autonomía para a integración na comunidade de persoas con trastornos mentais a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde.

 

Obxectivos específicos

  • Xerar enclaves de participación e de comunicación democrática entre as persoas usuarias e o resto de axentes sociais do barrio.
  • Estimular a participación activa na vida pública das persoas usuarias de Xaruma.

 

Destinatarios do programa

  • Persoas con trastornos/enfermidades mentais.

 

Perfil das persoas voluntarias

  • Ganas de colaborar e coñecer outras realidades.
  • Actitude participativa e en igualdade.
  • Non son necesarios coñecementos previos.

 

Funcións da persoa voluntaria

  • Apoio ás persoas usuarias nas actividades de horta.
  • Levar a cabo as actividades medioambientais, dirixidas por un/unha monitor/a.
  • Aportar as técnicas básicas para as habilidades prelaborais en persoas con trastornos mentais.

 

Actividades que van a desenvolver

  • Actividade de horta ecolóxica: mantemento, plantación, colleita…
  • Actividades de conciencia medioambiental.
  • Actividades de estimulación cognitiva.

 

Lugar de realización das actividades

Local Xaruma e exteriores – Rúa Sanjurjo Badía, 79 – Centro Gárate – Vigo.

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias

  • De 1 a 3 horas á semana.
    Horario a convir entre as partes.
    Martes, mércores e xoves de 17.00 a 20.00 horas.

 

Inscrición

 

Contacto

Tania Vázquez Carballo – Luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 17.30 horas

698 142 158
xarumaorg@gmail.com