O XXXIV Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz pretende constituír un espazo de compartir e de diálogo entre profesorado, educadores/as e outras persoas interesadas na memoria
histórica da solidariedade galego-portuguesa na raia seca. Damoslle continuidade á nosa traxectoria de promovermos prácticas educativas e de acción colectiva da cidadanía que promovan unha cultura de paz en todos os contextos sociais e educativos. Esta cultura acadarase “quando os cidadãos do mundo compreenderem os problemas mundiais, terem a capacidade de resolver os conflitos e lutar pela justiça de forma não violenta, observarem as normas internacio-nais de direitos humanos e de justiça, apreciarem a diversidade cultural e respeitarem a Terra e o próximo” (Axen-da da Haia).
A axenda da Haia propón aínda unha educación radicalmente diferente para as xeracións futuras: na contra de glorificar a guerra, educar para a paz, para a non violencia e para a cooperación internacional. Por iso, vale a pena acreditar que a educación lanza as sementes para construír o futuro, mais un futuro con paz, cidadanía e vida inclusiva.