Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Didáctica da Lingua e a Literatura
Departamento de Didácticas Especiais
Información de contacto
Facultade de Educación e Traballo Social
Pavillón 1, Planta 2, Despacho 9
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 189
imocino@uvigo.gal
Breve CV
Doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora no Departamento de Didácticas Especiais, no que imparte materias da área da Didáctica da Lingua e da Literatura na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense. Actualmente é Vicedecana e Coordinadora do Grao de Educación Infantil, imparte docencia no mestrado de Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos e forma parte de grupos e redes de investigación como EduAcción Patrimonial, Innovación Educativa (Innou), Rede Temática de Investigación As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano (LIXMI) e A LIX angloxermana e a súa tradución. Tamén é membro activo de colectivos como a Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ), a Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil Elos ou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). As súas liñas de traballo céntranse no estudo da literatura infantil e xuvenil, a didáctica da lingua e a literatura e a adquisición dos hábitos lectores nas crianzas.
Docencia
1º cuadrimestre
Grao en Educación Infantil
O05G110V01981 | Prácticas externas: Practicum
Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
O05M138V01103 | Ensino e aprendizaxe da/s lingua/s da sociedade de acollida
2º cuadrimestre
Grao en Educación Infantil
O05G110V01404 | Didáctica da lingua e a literatura infantil
O05G110V01981 | Prácticas externas: Practicum
Grao en Educación Primaria
O05G120V01910 | Literatura infantil e xuvenil
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
2º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
Investigación
Grupo de investigación
Reflexión, Innovación, Transferencia e Mellora Educativa
Liñas de investigación
- Literatura galega
- Literatura Infantil e Xuvenil
- Historiografía, Literatura comparada