Ref.: PI22/01389
XX/XX/2023 – XX/XX/2025 | Instituto de Salud Carlos III
Anna Berenguera Ossó
Participantes do centro: Celsa Perdiz Álvarez, Carmen Verde Diego.
Importe financiado: 81.070,00 €

 

Descrición

A Saúde menstrual é un estado de completo benestar físico, emocional e de benestar social, e non soamente a ausencia de enfermidade, en relación co ciclo menstrual. Supón o acceso á información e a educación menstrual; o acceso a materiais, espazos e servizos de coidado e manexo menstrual saudábel; un contexto positivo y respectuoso (eliminar tabú, estigma y discriminación); o acceso a servizos de saúde para a saúde menstrual(diagnósticos, coidados, e tratamentos); e asegurar a participación socioeconómica.

 

Obxectivos

O obxectivo principal será levar a cabo unha avaliación de necesidades para a promoción da saúde menstrual, así como a saúde mental e a calidade de vida asociadas á saúde menstrual en mulleres e persoas menstrúantes maiores de 18 anos en Cataluña, País Vasco, Galicia, Andalucía e Canarias para co-crear unha guía de accións e recomendacións para a creación de políticas públicas.

Obxectivos específicos

  1. Determinar as asociacións entre a saúde menstrual, a saúde mental e a calidade de vida en mulleres e persoas menstrúantes maiores de 18 anos.
  2. Avaliar as diferencias entre as asociacións identificadas, en base a características sociodemográficas.
  3. Explorar as vivencias de saúde menstrual, e a súa relación coa saúde mental e a calidade de vida en mulleres e persoas menstrúantes maiores de 18 anos en situacións de vulnerabilidade.
  4. Identificar as necesidades e accións para a promoción da saúde menstrual, e da mental, e a calidade de vida asociadas, para a súa implementación en servizos sanitarios, educativos e sociais.
  5. Desenvolver un “Logic Model of the Problem”, guiado pola estratexia de creación de programas de promoción da saúde “Intervention Mapping”.
  6. Co-crear unha guía de accións e recomendacións para a promoción da saúde menstrual, a saúde mental e a calidade de vida dirixida a institucións e organizacións sanitarias, educativas e sociais.

 

Actividades

Actividades propias do proxecto derivadas da realización do proxecto e que pretenden dar resposta aos obxectivos previamente identificados.

Divulgación e transferencia dos resultados a través de difusión en fotovoz, xornadas, e de publicacións periódicas.