Inicio
Somos unha facultade cunha longa tradición na formación de profesionais do ámbito socioeducativo. Pertencemos á Universidade de Vigo e ubicámonos nun campus urbano, situado no centro da cidade de Ourense.
A nosa misión é contribuír á construción dunha sociedade máis diversa e inclusiva a través da formación de profesionais expertos en atención á diversidade, así como de investigacións que posibiliten a mellora da vida das persoas, con especial atención ás máis vulnerables.
É por iso que procuramos a excelencia, a atención á diversidade, a igualdade de oportunidades e o dereito á diferenza. Pretendemos conformar un espazo formativo con accesibilidade universal que transcenda as aulas e xere contextos de aprendizaxe inclusivos e promotores da diversidade.
Avisos
Actualidade
Distintivo de Igualdade
O Distintivo de Igualdade nace coa fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a ollada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, escolas e facultades no ámbito do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, acadar unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.
A Facultade de Educación e Traballo Social obtivo o Distintivo de Igualdade o 8 de febreiro de 2022.
Distintivo de Galeguización
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense é a gañadora do distintivo de galeguización da Universidade de Vigo Gal Ego 2023, posto en marcha no curso académico 2023/2024 pola institución académica para incentivar e recoñecer o emprego da lingua galega en facultades e escolas.
A Facultade de Educación e Traballo Social obtivo o Distintivo de Igualdade en decembro de 2023.
Centro certificado FIDES-AUDIT
A Facultade de Ciencias da Educación deseñou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo e conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT.
A ACSUG emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGC do centro o 26/04/2010. Posteriormente, con data 28/07/2017, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro.