Información previa á matriculación sobre acceso e admisión

O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, regula as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. Poderán acceder aos ensinos universitarios os seguintes grupos:

  1. Estudantado en posesión do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español ou doutro declarado equivalente.
  2. Estudantado en posesión do título de Bacharelato Europeo ou do diploma de Bacharelato internacional.
  3. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade.
  4. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos homologados ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados en sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se subscribiron acordos internacionais para o recoñecemento do título de Bacharel en réxime de reciprocidade.
  5. Estudantado en posesión dos títulos oficiais de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español, ou de títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados aos devanditos títulos.
  6. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos, diferentes dos equivalentes aos títulos de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, ou de Técnico Deportivo Superior do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade, cando devandito estudantado cumpra os requisitos académicos esixidos en devandito Estado membro para acceder ás súas Universidades.
  7. Persoas maiores de vinte e cinco anos que superen a proba de acceso.
  8. Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cun ensino.
  9. Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen a proba de acceso.
  10. Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Grao, Máster ou título equivalente.
  11. Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación dos ensinos universitarios ou título equivalente.
  12. Estudantado que cursase estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que finalizando os estudos universitarios estranxeiros non obtivese a súa homologación en España e desexe continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente lles recoñeza polo menos 30 créditos ECTS.
  13. Estudantado que estivese en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro.

Considerase un perfil de ingreso no referido a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato. En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas,…) e académicas daquelas persoas que se consideran máis axeitadas para iniciar os estudos de Grao en Educación Infantil son as seguintes:

  • Coñecementos básicos nos diferentes ámbitos científicos.
  • Interese pola adquisición de novas experiencias e coñecementos.
  • Inquietude e curiosidade sobre os novos retos que a sociedade demanda.
  • Habilidades básicas deportivas e dominio do propio corpo.
  • Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demáis e facilitar a súa aprendizaxe.
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.

Acceso por preinscrición polo procedemento convocado pola CIUG

Número de prazas ofertadas: 75

Cupo Plazas
Xeral (Bacharelato –ABAU-, FP e estranxeiros) 64
Titulados (outras titulacións e Ensinos Artísticos Superiores) 1
Deportistas 2
Discapacitados 4
Proba de acceso +25 anos 2
Proba de acceso +45 anos 2

 

As prazas obxecto de reserva que queden sen cubrir en cada cupo, acumularanse ás ofertadas polo xeral.

 

Acceso por recoñecemento de 30 créditos (desde o mesmo grao e distinta universidade ou outro grao da mesma rama de coñecemento)

Número de prazas ofertadas: 8 (2 para estranxeiros que se acumularía)

Tramitación na sede

 

Cambio de titulación entre o mesmo plan de estudos (desde Vigo e Pontevedra co Grao en Educación Infantil)

Número de prazas ofertadas: 10 prazas

 

Cursos ponte de adaptación ás titulacións de grao

Curso de adaptación ao grao

 

Cambio de centro

Tramitación na sede

 

Información de apoio ao estudante


Toda a información no apartado Orientación ao estudantado

 

Matrícula


Toda a información no apartado Matrícula

Tramitacións na sede