{"id":428870,"date":"2025-02-19T00:00:00","date_gmt":"2025-02-18T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/educacion-e-informatica-visibilizan-o-traballo-das-mulleres-nas-suas-areas\/"},"modified":"2025-02-19T00:00:00","modified_gmt":"2025-02-18T23:00:00","slug":"educacion-e-informatica-visibilizan-o-traballo-das-mulleres-nas-suas-areas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/educacion-e-informatica-visibilizan-o-traballo-das-mulleres-nas-suas-areas\/","title":{"rendered":"Educaci\u00f3n e Inform\u00e1tica visibilizan o traballo das mulleres nas s\u00faas \u00e1reas"},"content":{"rendered":"<p>A programaci\u00f3n da Universidade de Vigo co gallo do 11F, D\u00eda Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, contin\u00faa esta semana no campus de Ourense. Ao seu abeiro, este m\u00e9rcores a Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social e a Escola Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica (ESEI) abriron as s\u00faas portas a arredor de 90 estudantes do IES As Lagoas da cidade. Con elas e eles desenvolveron diferentes actividades divulgativas que tiveron como obxectivo &#8220;dar visibilidade ao traballo das investigadoras destes centros e reverter a segregaci\u00f3n por estereotipos de x\u00e9nero nos estudos&#8221;.<\/p>\n<p>A actividade forma parte o plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta da Unidade de Cultura Cient\u00edfica e Innovaci\u00f3n da UVigo, que conta coa colaboraci\u00f3n da Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para a Ciencia y la Tecnolog\u00eda- Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n y Universidades. Arrancou na Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social cunha benvida conxunta na que se presentou a facultade e a actividade no marco do 11F. Posteriormente, o alumnado dividiuse en pequenos grupos para a realizaci\u00f3n de obradoiros en diferentes espazos do Edificio de Ferro. O talleres foron de TICs educativas (rob\u00f3tica, gafas de realidade virtual, croma, etc) ao servizo dunha sociedade m\u00e1is igualitaria; de radio a prol da coeducaci\u00f3n (gravaci\u00f3n de microespazos e propostas sobre corresponsabilidade social) e de experimentaci\u00f3n no Laboratorio de Did\u00e1ctica das Ciencias. Guiados por profesoras desta facultade, rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de traballar estas tem\u00e1ticas dun xeito l\u00fadico e aplicado.<\/p>\n<h3>Experiencias en primeira persoa<\/h3>\n<p>\u00c1 metade da ma\u00f1\u00e1, as e os estudantes preuniversitarios acheg\u00e1ronse \u00e1 aula magna da Escola Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica para asistir a unha mesa redonda interactiva con mulleres de diferentes etapas na s\u00faa carreira formativa e profesional no eido tecnol\u00f3xico. Moderada pola profesora deste centro Alma G\u00f3mez, nela participaron Ana Abad, backend developer en Idealista; Milagros Fern\u00e1ndez Gavilanes, profesora do Centro Universitario da Defensa e investigadora; Susana G\u00f3mez, CEO en Origami Soluciones; Mar\u00eda Novo, profesora e investigadora da ESEI e as alumnas desta escola Ant\u00eda Rodr\u00edguez e Enma Romero.<\/p>\n<p>Nunha profesi\u00f3n e estudos a\u00ednda moi masculinizados, esta mesa s\u00f3 composta por mulleres, salientaron desde a s\u00faa organizaci\u00f3n, quixo ofrecer en primeira persoa \u201cunha mostra do papel que a muller pode ter na profesi\u00f3n de enxe\u00f1ar\u00eda inform\u00e1tica, contorna na que o talento feminino est\u00e1 infrarrepresentado\u201d. As relatoras, \u201cprofesionais de ampla experiencia que poden mostrar a realidade da profesi\u00f3n de enxe\u00f1er\u00eda inform\u00e1tica\u201d e alumnas desta titulaci\u00f3n, dialogaron sobre a s\u00faa visi\u00f3n sobre esta profesi\u00f3n, o papel da muller nela e os retos que enfronta. Ademais, falaron da carreira que pode desenvolver unha enxe\u00f1eira inform\u00e1tica e de como as tecnolox\u00edas dixitais poden mellorar a vida das persoas e contribu\u00edr ao desenvolvemento da sociedade.<\/p>\n<h3>M\u00e1is programaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Continuando coa celebraci\u00f3n do 11F na UVigo, ma\u00f1\u00e1 xoves, o sal\u00f3n de graos Vicente Risco, no cuarto andar do Edificio de Ferro do campus de Ourense, acoller\u00e1 unha charla na que catro investigadoras de diferentes xeraci\u00f3ns compartir\u00e1n as s\u00faas experiencias como mulleres na ciencia. Organizada pola Unidade de Cultura Cient\u00edfica, en colaboraci\u00f3n coa Unidade de Igualdade, nela participar\u00e1n Ana Gil, investigadora predoutoral centrada nos efectos da exposici\u00f3n forestal no sistema nervioso aut\u00f3nomo; Andrea Mouri\u00f1o, investigadora posdoutoral que estuda as narrativas de x\u00e9nero na Prehistoria e a s\u00faa transferencia; Nieves Lorenzo, catedr\u00e1tica da \u00c1rea de F\u00edsica da Terra e actual directora da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Aeron\u00e1utica e do Espazo; e Mar\u00eda Lameiras, catedr\u00e1tica na \u00c1rea de Personalidade, Avaliaci\u00f3n e Tratamentos Psicol\u00f3xicos no \u00e1mbito dos Estudos de X\u00e9nero e Sexualidade. Moderar\u00e1 o debate Yolanda Rodr\u00edguez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/educacion-informatica-visibilizan-traballo-mulleres-suas-areas\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A programaci\u00f3n da Universidade de Vigo co gallo do 11F, D\u00eda Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, contin\u00faa esta semana no campus de &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/educacion-e-informatica-visibilizan-o-traballo-das-mulleres-nas-suas-areas\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":428867,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-428870","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/428870","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=428870"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/428870\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/428867"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=428870"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=428870"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=428870"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}