{"id":394487,"date":"2023-03-08T00:00:00","date_gmt":"2023-03-07T23:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/fcce.uvigo.es\/unha-exposicion-sensibiliza-a-comunidade-universitaria-sobre-o-dano-cerebral\/"},"modified":"2023-03-08T00:00:00","modified_gmt":"2023-03-07T23:00:00","slug":"unha-exposicion-sensibiliza-a-comunidade-universitaria-sobre-o-dano-cerebral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/unha-exposicion-sensibiliza-a-comunidade-universitaria-sobre-o-dano-cerebral\/","title":{"rendered":"Unha exposici\u00f3n sensibiliza \u00e1 comunidade universitaria sobre o dano cerebral"},"content":{"rendered":"<p>A Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social do campus de Ourense acolle desde o pasado 28 de febreiro a exposici\u00f3n de sensibilizaci\u00f3n sobre o dano cerebral <em>Punto e seguido<\/em>. <em>A vida despois do dano cerebral adquirido<\/em>. Tr\u00e1tase dunha mostra coa que a Federaci\u00f3n Galega de Dano Cerebral (<a href=\"https:\/\/www.fegadace.org\/\">Fegadace<\/a>) e as s\u00faas asociaci\u00f3ns achegan, a trav\u00e9s da fotograf\u00eda, o d\u00eda a d\u00eda das persoas con esta problem\u00e1tica.<\/p>\n<p>No seu percorrido por diferentes puntos da xeograf\u00eda galega, a colecci\u00f3n de fotograf\u00edas pode verse na entrada do Edificio de Ferro do campus ata o 13 de marzo, sendo o horario de apertura do centro de 8.00 a 21.00 horas, de luns a venres. A organizaci\u00f3n da exposici\u00f3n conta, tal e como explican os seus responsables, coa colaboraci\u00f3n da Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social da Universidade de Vigo e con financiamento da Consellar\u00eda de Pol\u00edtica Social da Xunta de Galicia, dentro dos programas con cargo \u00e1 asignaci\u00f3n tributaria do 0,7% do IRPF; \u00e9 dicir, grazas \u00e1s persoas que marcan a X Solidaria na s\u00faa declaraci\u00f3n da renda.<\/p>\n<h3>Punto e seguido<\/h3>\n<p>As fotograf\u00edas que compo\u00f1en a mostra, explican desde a s\u00faa organizaci\u00f3n, son obra do fot\u00f3grafo compostel\u00e1n Aigi Boga e realiz\u00e1ronse nas cinco asociaci\u00f3ns que forman parte da Federaci\u00f3n Galega de Dano Cerebral. As\u00ed, detallan, nas imaxes, protagonizadas polas persoas usuarias de Adaceco, Adace Lugo, Alento, DCA Ourense e Sarela, \u201cam\u00f3sase a s\u00faa vida coti\u00e1, as actividades que realizan ou a s\u00faa convivencia, \u00e9 dicir, a vida despois do punto e seguido tras un ictus, un traumatismo cranioencef\u00e1lico ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido\u201d.<\/p>\n<p>Ademais, para acompa\u00f1ar a exposici\u00f3n, Fegadace realizou unha serie de v\u00eddeos curtos que contan con diferentes testemu\u00f1os de persoas con dano cerebral, familiares e profesionais das entidades. Son un total de sete v\u00eddeos, cunha peza principal e seis m\u00e1is pequenas, que crean un retrato da complexidade de secuelas que compo\u00f1en o dano cerebral: f\u00edsicas, sensoriais, econ\u00f3micas, cognitivas, sociais, org\u00e1nicas, etc.<\/p>\n<p>Fegadace, indican desde a s\u00faa organizaci\u00f3n, constitu\u00eduse en 2007 polas cinco asociaci\u00f3ns galegas de dano cerebral: Adaceco (A Coru\u00f1a), Adace en Lugo, Alento (Vigo), DCA Ourense e Sarela (Santiago), representando xuntas algo m\u00e1is de 2000 familias. O seu obxectivo \u00e9 \u201ccontar cunha plataforma com\u00fan de interlocuci\u00f3n, coordinaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido, unha discapacidade que afecta a m\u00e1is de 35.000 persoas en Galicia e que est\u00e1 causada case sempre por un ictus (78% dos casos) ou por un traumatismo craneoencef\u00e1lico provocado por un accidente de tr\u00e1fico\u201d.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/exposicion-sensibiliza-comunidade-universitaria-dano-cerebral\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social do campus de Ourense acolle desde o pasado 28 de febreiro a exposici\u00f3n de sensibilizaci\u00f3n sobre o dano &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/unha-exposicion-sensibiliza-a-comunidade-universitaria-sobre-o-dano-cerebral\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":394484,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-394487","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/394487","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=394487"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/394487\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/394484"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=394487"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=394487"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=394487"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}