{"id":394467,"date":"2023-04-14T00:00:00","date_gmt":"2023-04-13T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/fcce.uvigo.es\/unhas-xornadas-afondan-na-educacion-viaria-ao-longo-da-vida-e-para-diferentes-colectivos\/"},"modified":"2023-04-14T00:00:00","modified_gmt":"2023-04-13T22:00:00","slug":"unhas-xornadas-afondan-na-educacion-viaria-ao-longo-da-vida-e-para-diferentes-colectivos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/unhas-xornadas-afondan-na-educacion-viaria-ao-longo-da-vida-e-para-diferentes-colectivos\/","title":{"rendered":"Unhas xornadas afondan na educaci\u00f3n viaria ao longo da vida e para diferentes colectivos"},"content":{"rendered":"<p>A Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social do campus de Ourense acolle este venres a celebraci\u00f3n da<a href=\"https:\/\/fcce.webs5.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/20230414_Xornada_educacion_vial.pdf\"><em> I Xornada de educaci\u00f3n viaria: desenvolvemento, autonom\u00eda persoal e convivencia<\/em><\/a>. O obxectivo da cita, organizada conxuntamente por esta facultade e a Xefatura Provincial de Tr\u00e1fico en Ourense (Direcci\u00f3n General de Tr\u00e1fico), \u00e9 que o alumnado do centro, futuras e futuros profesionais de Educaci\u00f3n Infantil e Primaria, as\u00ed como de Educaci\u00f3n e Traballo Social, adquiran \u201cunha formaci\u00f3n espec\u00edfica sobre a educaci\u00f3n viaria e se convertan en axentes de sensibilizaci\u00f3n e mobilizaci\u00f3n activa\u201d.<\/p>\n<p>Na inauguraci\u00f3n da xornada Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense, salientou que esta actividade \u00e9 unha mostra do compromiso da instituci\u00f3n acad\u00e9mica coa s\u00faa apertura \u00e1 sociedade e da colaboraci\u00f3n con entidades da contorna, amosando o seu desexo de que esta primeira edici\u00f3n te\u00f1a continuidade os vindeiros anos. Pola s\u00faa banda, Xos\u00e9 Manuel Cid, decano da Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social, destacou a importancia da tem\u00e1tica abordada nesta xornada xa que, afirmou, a educaci\u00f3n viaria \u00e9 \u201cun tema cada vez m\u00e1is preocupante e no que educadoras, educadores e traballadoras e traballadores sociais temos moit\u00edsimo que facer con colectivos moi diferentes\u201d.<\/p>\n<p>Emilio Gonz\u00e1lez, subdelegado do Goberno en Ourense, lembrou que \u201ca educaci\u00f3n viaria \u00e9 un pilar fundamental da prevenci\u00f3n de accidentes graves e as s\u00faas consecuencias\u201d e que a s\u00faa abordaxe o m\u00e1is cedo posible, desde a educaci\u00f3n infantil e primaria e tam\u00e9n desde a educaci\u00f3n social, \u201cvai a repercutir probablemente no conxunto da sociedade\u201d. Por \u00faltimo, David Llorente, xefe provincial de Tr\u00e1fico de Ourense (DGT), indicou que esta xornada pretende dar ao alumnado presente \u201cco\u00f1ecementos, habilidades e recursos\u201d que cando no futuro exerzan como educadoras e educadores e traballo sociais lles poden ser de utilidade no reto de \u201cconseguir entre todos unha mobilidade segura, sostible e saudable.<\/p>\n<h3>Unha \u201cpotente medida preventiva dos accidentes\u201d<\/h3>\n<p>A xornada est\u00e1 coordinada por un representante de cada grao da Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social, estando Isabel Moci\u00f1o (Educaci\u00f3n Infantil); Ana Iglesias \u00c1lvarez (Educaci\u00f3n Primaria); Xos\u00e9 Manuel Cid (Educaci\u00f3n Social) e Francisco J. Aguiar (Traballo Social) e consta de 15 horas, das que 8 son presenciais e sete non presenciais (proposta dunha reflexi\u00f3n, recurso, material, etc). \u201cA educaci\u00f3n viaria \u00e9 unha potente medida preventiva dos accidentes de tr\u00e1fico e das s\u00faas consecuencias e unha ferramenta para a promoci\u00f3n dunha mobilidade segura, sostible e saudable. Ademais, contrib\u00fae de xeito decisivo ao desenvolvemento e \u00e1 autonom\u00eda das persoas, as\u00ed como \u00e1 s\u00faa participaci\u00f3n e \u00e1 convivencia en comunidade\u201d, afirman desde a organizaci\u00f3n da actividade. Tr\u00e1tase, engaden, dunha aprendizaxe que debe estar moi presente ao longo de toda a vida, comezando en idades moi temper\u00e1s, e que ademais debe ter moi en conta a diversidade e a as dificultades espec\u00edficas da poboaci\u00f3n (infancia e xuventude, persoas maiores, discapacidades, etc).<\/p>\n<p>O obxectivos da iniciativa son cinco. Pretende integrar a educaci\u00f3n viaria para unha mobilidade segura e sostible nos programas e acci\u00f3n formativas, segundo grupos de idade, necesidades de atenci\u00f3n espec\u00edficas e grupos vulnerables e potenciar o acceso da comunidade e a s\u00faa implicaci\u00f3n nas diferentes actividades de educaci\u00f3n viaria que poidan ser promovidas desde diferentes \u00e1mbitos e contextos educativos e sociais. Tam\u00e9n quere concienciar, sensibilizar e establecer medidas preventivas en materia de seguridade viaria que leven impl\u00edcitas a evitaci\u00f3n dos accidentes de tr\u00e1fico e posibles situaci\u00f3ns de discapacidade. Dar a co\u00f1ecer os diferentes recursos did\u00e1cticos para a infancia, xuventude, persoas maiores, persoas vulnerables e outros grupos sociais que sirvan como ferramentas para os diferentes axentes educadores e dese\u00f1ar e crear acci\u00f3ns, proxectos e recursos did\u00e1cticos adaptados aos distintos grupos e aos intereses e necesidades concretas das persoas con necesidades espec\u00edficas son outros dos retos propostos por esta actividade.<\/p>\n<p>Ao longo do d\u00eda, Sinda Aguiar (coordinadora provincial de Educaci\u00f3n Viaria da DGT Ourense); Federico Ceniza (coordinador provincial de Educaci\u00f3n Viaria da DGT A Coru\u00f1a); Andrea Conde (subxefa provincial de Tr\u00e1fico de Ourense); Javier Barja (tenente do Subsector de Tr\u00e1fico da Garda Civil de Ourense) e David Llorente (xefe provincial de Tr\u00e1fico de Ourense) guiar\u00e1n \u00e1s e aos asistentes na tem\u00e1tica da educaci\u00f3n viaria dirixida a persoas con discapacidade e dificultades especiais; \u00e1 infancia; \u00e1 xuventude e \u00e1s persoas maiores, abordando desde a s\u00faa presenza no curriculum educativo ata experiencias como os cami\u00f1os escolares no Concello de Nar\u00f3n. Xa pola tarde, o alumnado participar\u00e1 en tres obradoiros pr\u00e1cticos de temas como a prevenci\u00f3n e condutas seguras e a utilizaci\u00f3n do xogo e outros recursos creativos como recurso did\u00e1ctico neste eido.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/xornadas-afondan-educacion-viaria-ao-longo-vida-diferentes-colectivos\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social do campus de Ourense acolle este venres a celebraci\u00f3n da I Xornada de educaci\u00f3n viaria: desenvolvemento, autonom\u00eda persoal &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/unhas-xornadas-afondan-na-educacion-viaria-ao-longo-da-vida-e-para-diferentes-colectivos\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":394464,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-394467","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/394467","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=394467"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/394467\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/394464"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=394467"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=394467"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=394467"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}